Concurso Biblioteca do Estado

01RENDER 01
02RENDER 02
03RENDER 03
BBL_vista-ocell
EMP_1500
bwd 1/5 fwd

 

BBL_DG_P1
BBL_DG_Pb
BBL_DG_P1
BBL_DG_Pb
bwd 1/2 fwd

 

NOME: Biblioteca Pública do Estado en Barcelona

EMPLAZAMENTO: Pase  de circunvalación nº 2-12 e Avda. del Marqués de Argentera, Barcelona.

DATA: Febreiro 2010

CLIENTE/PROMOTOR: Xerencia Infraestructuras e equipamentos de cultura.

ARQUITECTOS: Jon Montero Madariaga, Naiara Montero Viar

COLABORADORES: Laura García Hintze(arquitecto), Pau Llorca Abad (arquitecto), Adi Masarwi (arquitecto), Jordi Pujol Liñán (arquitecto), Gemma Serra Vinyals (arquitecto), Enric Iturbe (Ardèvol Consultor)

PRESUPOSTO (P.E.M.): 27.069.000 €

SUP. CONSTRUIDA: 38.225 m2

Unha primeira reflexión, a escala de cidade, permite identificar un eixo virtual que enlaza en liña recta a prolongación da Avda. Meridiana co solar da Biblioteca, atravesando o Parc de la Ciutadella para finalizar na propia Estació de França. Este eixo virtual acabará por converterse en un dos principais recorridos da estructura de espacios libres do sector e o punto para acceder ó gran espacio interior das arcadas da estación. A proposta parte da necesidade de manter o actual espacio público formado pola denominada "praza de carruaxes" en tanto que espacio de acceso ás instalacións da Universidade Pompeu Fabra e espacio-rótula do sistema de espacios libres formado pola entrega da Avda. Marqués de Argentera co Passeig de Circumvalació e o Parc de la Ciutadella.

O mantemento deste espacio libre, si ben dificulta a visión directa da Biblioteca desde Marqués de Argentera, proporciona, a súa vez, un importante espacio de acceso e de relación que permite potenciar o seu "rol" como punto de atracción urbana do sector. Todos estes argumentos-obxectivo condicionan a formalización arquitectónica do edificio que presenta unha fachada de carácter organicista cara o Parque, utilizando os seus desprazamentos en planta para colocar terrazas como elementos de transición entre espacio interior e exterior, mentres que a fachada sur, encarada á Estación, defínase mediante dos superficies planas que adoptan un carácter de neutralidade fronte á potencia da arquitectura da propia Estación.

A perforación central aberta no edificio, así como a teatralidade provocada pola confluencia de aliñacións curvilíneas, responde á vontade de resaltar este punto neurálxico, facilitando a súa vez a visión directa da zona dos andares da Estación desde o Parque. Finalmente, unha rampla de gran lonxitude sobresae e, en certa maneira "coloniza", o espacio público situado na antiga "praza de carruaxes", dotándoo de estructura urbana e resolvendo os accesos peonís á primeira planta da Biblioteca.

 
 

Estudio Barcelona - C/ Balmes 297, 3º2ªB, 08006 Barcelona Tel./ 93 240 20 38 Fax./93 534 00 46 · Estudio Coruña - C/ Tinajas 16, 5º, 15001 La Coruña Tel./ 981 206 105