Dos casas en Redes

RD_1
RD_2
RD_3
RD_4
RD_5
RD_6
RD_7
RD_8
RD_9
RD_90
RD_91
RD_92
bwd 01/12 fwd

 

01_Planta Baja
02_Planta Primera
04_Planta de Cubiertas
05_Alzado Frontal
06_Alzado posterior
bwd 1/5 fwd

 

NOME DA OBRA: DUAS CASAS EN REDES 

AUTORES: DIAZ Y DIAZ ARQUITECTOS Y NAIARA MONTERO VIAR ARQUITECTA

LOCALIZACIÓN: Redes, A Coruña. Galicia.

DATA: 2011

CLIENTE/PROMOTOR: LUCAS DIAZ SIERRA E GUSTAVO DIAZ GARCÍA

CONSTRUCTOR: GRUPO DESARROLLA WORKS S.L.P.

PRESUPOSTO (P.E.M.): ______

SUP. CONSTRUIDA: 500 m2

Redes é unha pequena Vila Mariñeira de principios do século XX, situada na marxe norte da Ría de Ares encravada nas Rías Altas Galegas. Esta localidade foi premiada polo Colexio de Arquitectos no día internacional da arquitectura 2009 por conservar a súa traza orixinal no urbanismo. Tamén se coñece esta localidade como a "Venecia Galega" pola conexión das súas vivendas ao mar.

Na rúa coñecida como Rúa Nova que constitúe unha ampliación do pobo dos anos 40 destinada a vivendas e adegas sitúanse as dúas vivendas unifamiliares cos números 42 e 44 que actualmente unifican as funcións de vivenda e estudo de arquitectura.

O proxecto supón a rehabilitación e ampliación de dúas vivendas unifamiliares existentes que non conservaban a configuración tradicional do núcleo urbano de Redes, debido a unha rehabilitación sufrida nos anos 80. Para recuperar esa arquitectura tradicional da vila mariñeira mediante unha linguaxe contemporánea, fíxose unha reinterpretación desta, utilizando materiais como a madeira de Iroko, as vigas de madeira laminada, a tella curva ou o morteiro branco.

As vivendas dispóñense de xeito simétrico sobre o muro medianeiro de pedra orixinal. As vivendas desenvólvense en tres niveis un primeiro nivel dende a fachada marítima na Rúa Nova co vestíbulo principal, dúas estanzas e un baño. En planta primeira deséñase o salón comedor e a cociña, todo a planta vinculada a un xardín traseiro e cunha galería en voo con vistas á Ría. En planta segunda desenvólvense dous dormitorios e dous baños.

As escaleiras ao situarse no centro da vivenda deseñáronse cun valor escultórico e cambian dende a planta baixa ata a segunda. Na planta baixa son macizas en carballo cun grande armario no seu interior, en planta primeira son metálicas e moi diáfanas e pintadas en branco para permitir a transparencia da planta.

No xardín dispóñense distintas especies botánicas autóctonas, créase unha terraza de madeira de Iroko, un peche de lamas de madeira de Iroko que permiten vistas frontais ao monte e se pechan contar os veciños nas medianeiras.

Entre o mobiliario cabe destacar a cheminea deseñada por Miguel Mila para DAE, os sanitarios da selección de David Chipperfield para Roca, as cadeiras de lona fina laranxa Menorquinas, e os sofás do salón son deseñados por Díaz e Díaz Arquitectos dispóñense en varios módulos para poder crear unha mesa central ou unha enorme cama, así como un espazo de reunión en torno á cheminea.  

 
 

Estudio Barcelona - C/ Balmes 297, 3º2ªB, 08006 Barcelona Tel./ 93 240 20 38 Fax./93 534 00 46 · Estudio Coruña - C/ Tinajas 16, 5º, 15001 La Coruña Tel./ 981 206 105