-
-
-
NOME: HOTEL MELIÀ VICHY CATALÀ AL CAMPO DE GOLF PGA A CALDES DE MALAVELLA (GIRONA)
EMPLAZAMENTO: CARRETERA N-II, Km 701 CALDES DE MALAVELLA
DATA: ABRIL 2006 (FIN DE OBRA)
CLIENTE/PROMOTOR: GOLF HOTEL MALAVELLA S.L.
CONSTRUCTOR: ABANTIA CONTRATAS
ARQUITECTOS: GODIA & BARRIO, arqtos., IGNACIO LÓPEZ ALONSO, Lagula Arquitectes S.L., JON MONTERO MADARIAGA (en dirección de obra)
COLABORADORES: RUIZ NARVAIZA ASSOCIATS S.L. interiorismo
PRESUPOSTO (P.E.M.): 15.000.000 €
SUP.CONSTRUIDA: 14.500 m2 (+ 20.000 m2 exteriores)
Un edificio curvo, que descende da pineda adaptándose o terreo. O hotel que ubícase no PGA Golf de Catalunya foi un dos proxectos seleccionados para os premios de Arquitectura das Comarcas de Girona. Curvar o edificio permítenos diferenciar claramente un espacio de acceso de un privado do hotel, cunha orientación privilexiada ó soleamento. O aproximarnos a el, presentásenos coma un elemento cambiante no paisaxe. A adaptación á topografía prodúcese tanto en planta baixa como na gran cuberta a unha sola auga que xera un perfil dinámico do hotel. O sinxelo truco de agrupar as galerías e as fiestras por parellas permitiunos reducir o tamaño aparente do edificio. As entradas de luz a corredores e as aperturas a visións diagonais, permítennos recuperar a conexión con o paisaxe. Fronte a estas decisións xenerais, os acabados de gran calidade remiten á tradición mediterránea da modernidade. O edificio branco, de configuración variable, que permite facer de telón de fondo do paisaxe, a pedra negra nos zócalos que nos axuda a provocar o efecto de flotabilidade, a madeira, en seccións de gran tamaño que permiten apreciar a súa gran calidade o tacto, e finalmente o vidro, en grandes paneis que nos permiten gozar do paisaxe e do campo de golf. O Lobby e o auténtico corazón do edificio, ocupa unha parte de cada unha das súas plantas e as conecta nun cuádruple espacio. O ascensor polas escaleiras do lobby é o recorrido simbólico do hotel, que conecta o interior co paisaxe.