Concurso Lonja de Ondarroa

1
3
4
5
bwd 1/4 fwd

 

ONDA PLANTA_PRINCIPAL
ONDA_PLANTA
ONDA_SECCION 2
ONDA_SECCION 3
ONDA_SECCION 4
bwd 1/5 fwd

 

NOME DA OBRA: CONCURSO PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DA LONXA DE PESCADO EN ONDARROA

AUTORES: JON MONTERO MADARIAGA E NAIARA MONTERO VIAR ARQUITECTOS / ENXEÑERÍA EPTISA

LOCALIZACIÓN: Ondarroa, Bizcaia. País Vasco.

DATA: SEPTEMBRO 2011

CLIENTE/PROMOTOR: GOBERNO VASCO

CONSTRUCTOR: ______

PRESUPOSTO (P.E.M.): 17.660.000 €

SUP. CONSTRUIDA: 3.588 m2

Estes son algúns dos obxectivos que foron tidos en conta no momento de formular a actual proposta para a construción das novas instalacións na área pesqueira do porto de Ondarroa:

• Construción dun edificio de nova planta cunha linguaxe arquitectónica que permita a súa integración paisaxística sen renunciar a unha imaxe propia da actividade desenvolvida no seu interior.

• Utilización de materiais e sistemas construtivos que permitan minimizar razoablemente os custos de execución, nun marco de funcionalidade e contención.

• Especial atención aos aspectos relacionados coa maior sensibilidade ambiental, así como a utilización de todos os recursos necesarios para mellorar aspectos relacionados coa sostibilidade final da instalación.

• Atención así mesmo, a aqueles aspectos funcionais e construtivos que poidan mellorar o proceso de comercialización do peixe e a súa posterior transformación, así como aqueles que sexan propios do estrito cumprimento das normas sanitarias propias do sector.

• Rexeneración urbanística do sector.

• Reducir a zona actualmente valada, permitindo deste modo unha maior fluidez peonil e relación urbana co núcleo da poboación a través da rúa de Egidazu e da rotonda situada á chegada da ponte de Calatrava.

• Dignificar a actividade da venda do peixe a través das salas de poxa, facilitando ao máximo o contacto visual dende o espazo público.

• Previsión de novas prazas de aparcadoiro subterráneo e en réxime de rotación.

• Dignificar a arquitectura e a súa relación coas volumetrías máis próximas.

• Reducir e ordenar o impacto producido pola presenza de grandes vehículos de transporte no sector. 

 
 

Estudio Barcelona - C/ Balmes 297, 3º2ªB, 08006 Barcelona Tel./ 93 240 20 38 Fax./93 534 00 46 · Estudio Coruña - C/ Tinajas 16, 5º, 15001 La Coruña Tel./ 981 206 105