NOME DA OBRA: CONCURSO PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DO NOVO EDIFICIO XUDICIAL EN PONTEVEDRA
AUTORES: JON MONTERO MADARIAGA Y NAIARA MONTERO VIAR ARQUITECTOS / ICEACSA ENXEÑERÍA
LOCALIZACIÓN: Pontevedra. Galicia.
DATA: ABRIL 2012
CLIENTE/PROMOTOR: S.P.I. (Sociedade Pública de Investimentos de Galicia)
CONSTRUCTOR: ______
PRESUPOSTO (P.E.M.): 22.000.000 €
SUP. CONSTRUIDA: 24.152 m2
O edificio volumetricamente concíbese como un volume pechado lixeiramente introvertido que mediante un cerramento de chapa perforada consegue que volumetricamente se perciba tanto exterior coma interiormente moi lixeiro.
Optouse por unha tipoloxía de mazá pechada moi presente nos arredores conseguindo un volume compacto que adquire moita presenza na zona articulándose como un referente para o ámbito e para Pontevedra.
A forma extráese das trazas da parcela, da vontade de dialogar co edificio existente de xulgados "A Parda" e da intención de crear tres novos espazos públicos. Estes tres espazos públicos están ligados a diferentes funcións do novo edificio: un primeiro espazo "vestíbulo exterior" do edificio, un segundo espazo exterior entrada privada dos xuíces e conectado á entrada dos xulgados de garda do edificio existente e un último grande espazo público vinculado á sala de vodas.
O cerramento que se propón é de chapa de aceiro perforada. Esta ten diferentes densidades de perforación en función dos requisitos de luz natural dos espazos situados no interior. A chapa combínase cunha segunda pel de vidro que será nalgunhas partes practicable para a ventilación dos espazos e das circulacións. Esta dobre pel proporciona a combinación perfecta para conseguir un edificio moi continuo no exterior que permite a ventilación e entrada da luz.
Aínda que o edificio ten unha volumetría compacta nalgúns puntos de cada planta esta volumetria se " perfora" para conseguir uns espazos exteriores parecidos a unhas terrazas. As plantas máis "publicas" baixa e primeira teñen un grande espazo central "patio" cuns grandes lucernarios que permiten a iluminación natural destes espazos. A cuberta deste patio transfórmase nunha gran praza verde na planta primeira.
O edificio únese ao edificio existente en dous puntos. Na planta soto conectando os dous aparcadoiros e conectando a zona de arquivos xerais e na planta primeira onde se sitúan as salas de vistas do edificio de xulgados " A Parda" e a nove sede xudicial de Pontevedra.