NOME DA OBRA: CONCURSO PARA A CONSTRUCCIÓN DUN EQUIPAMENTO CULTURAL-EDUCATIVO NA PRAZA DO MERCADO DE PORTUGALETE
AUTORES: JON MONTERO MADARIAGA E NAIARA MONTERO VIAR ARQUITECTOS / EPTISA ENXEÑERÍA
LOCALIZACIÓN: Portugalete, Bizcaia. País Vasco.
DATA: XANEIRO 2012
CLIENTE/PROMOTOR: SOCIEDADE URBANÍSTICA DE REHABILITACIÓN DE PORTUGALETE S.A. (SURPOSA)
CONSTRUCTOR: ______
PRESUPOSTO (P.E.M.): ______
SUP. CONSTRUIDA: 3996 m²
Despois de analizar exhaustivamente a zona, decidimos preservar a función de mercado reducindo o número de postos, pero ademais, parécenos conveniente dotar ao edificio dunha serie de estanzas destinadas a un uso socio - cultural ligándoas directamente co mercado. Polo tanto a proposta tamén dispón dun auditorio en planta soto, duns viveiros de empresas en dúplex en planta primeira, así como unhas dinámicas zonas de restauración en planta primeira que serven de soporte ao programa de mercado. Tamén en planta primeira encontrase unha zona de formación a disposición do concello. A nosa proposta para este área sería a creación dun espazo dedicado á cultura da cociña, ligada completamente co mercado, onde importantes xefes de cociña poidan impartir clases a xente da bisbarra ou outros visitantes ou onde se poidan realizar mesmo programas de cociña. Ademais, grazas á creación das zonas de conferencias en planta soto, estes usos poderían funcionar a grande escala, sendo un gran reclamo xa non só para o edificio e a zona, senón tamén para o propio Concello e a provincia. Polo tanto, o que queremos proporcionar ao municipio coa nosa proposta é:
• Dotar a Vila con equipamentos cos que aínda non conta.
• Recuperar o uso do mercado, pero a menor escala.
• Conseguir que este edificio se converta nun lugar de ocio e cultura para o municipio.
• Potenciar e revalorizar a zona grazas a esta intervención.
Ademais, os principais puntos a tratar no inmoble e arredores coa nosa proposta serán:
• Mellorar o funcionamento do inmoble con novos núcleos verticais.
• A introdución dunha nova planta (planta segunda) que enriqueza o uso dos viveiros de empresa.
• Formular a posibilidade de dotar o proxecto dun aparcadoiro subterráneo.
• Subir a cota da praza á cota de planta baixa para conseguir unha maior conexión entre o espazo público e o mercado, podendo mesmo unificalos en certos momentos, como por exemplo en mercados de fin de semana, etc.